venres, 24 de novembro de 2017

MACEDONIA - Koce Berberot

E rematamos a nosa andaina polas danzas de Europa con Koce Berberot, baile tradicional de Macedonia. O seu ritmo vivo e alegre, a súa coreografía sinxela e os seus pasos animosos, fan dela un dos bailes máis interpretados nas festas e reunións familiares. A letra fala dun barbeiro que pasaba os días bailando e disfrutando da música.


6 A - Koce Berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - Koce Berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C Koce Berberot from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 18 de novembro de 2017

RUMANÍA - Alunelul

O noso percorrido por Europa está a piques de rematar. Antes de desprazarnos a outro continente, faremos unha paradiña en Rumanía, onde aprenderemos "Alunelul". Trátase dunha danza circular de tipo relixioso que se bailaba na rexión de Oltenia (sureste de Rumanía), zona moi verde e montañosa.. Probablemente as súas orixes están nas danzas antigas asociadas con rituais ou celebracións relixiosas. Bailábase o domingo despois da misa. O nome ven significar “Danza de Xoán”, aínda que hai quen di que se traduce por “pequeña abelá”.


A danza consiste en movementos moi rápidos cos pés, cunha serie de pasos á dereita e á esquerda seguidos de dous golpes no chan.


6 C - Alunelul from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 B - Alunelul from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Alunelul from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

sábado, 11 de novembro de 2017

GRECIA - Pera Stous Pera kambous

E collemos agora un avión para viaxar a Grecia, e alí aprender a danza "Pera Stous Pera Kambous". O título ven significar "Nas lonxanas chairas" e fala dun mosteiro ao que van as mozas a rezar. A danza ten un ritmo alegre, típicamente grego e báilase cos danzantes collidos polos ombreiros e facendo uns cruzamentos cos pés. 


6 A - Pera Stous Pera Kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.


6 B - Pera Stous Pera Kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - Pera Stous Pera Kambous from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

venres, 3 de novembro de 2017

DANZA DAS FITAS - CENTROEUROPA

Estamos ante unha danza case universal, no sentido de que podemos atopala en moitos países, non só de Europa, senón tamén do mundo enteiro: a Danza das Fitas. Nela, os danzantes van trenzando e destrenzando unhas fitas de cores ao redor dun pao adornado con flores. Normalmente, báilase para celebrar a chegada da primavera, da estación luz, das flores e do bo tempo. Esta que representamos aquí é propia de varios países de Centroeuropa: Alemaña, Suíza, Austria, Eslovaquia, República Checa, Francia, ..., aínda que tamén é bailada en moitas provincias de España, incluída Galicia. A diferencia entre as distintas zonas está no tipo de música empregada e nos pasos executados.

6 B - Danza das Fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.
6 C - Danza das Fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 A - Danza das Fitas from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.