sábado, 17 de febreiro de 2018

NOVA ZELANDA - HAKA


Resultado de imaxes para HAKAE non podemos abandonar Oceanía sen antes aprender unha das súas danzas máis famosas internacionalmente: o Haka. Haka é un termo que serve para definir calquera danza maorí, pero soe ser utilizado para referirse especificamente á danza de guerra tribal maorí. Non obstante, adoita ser unha danza de benvida e é signo de hospitalidade, pero tamén un método de intimidación antes da loita.

O haka é unha demostración feroz do orgullo, a forza e a unidade dunha tribo. Para iso, dan golpes violentos cos pés, sacan a lingua de xeito protuberante e dan palmadas rítmicas no corpo acompañando un canto forte. As palabras do haka soen describir poeticamente os ancestros e os sucesos da historia da tribo.
Hoxe en día segue a usarse o haka nas cerimonias e celebracións maoríes para honrar aos invitados e amosar a importancia da ocasión. Pero tamén se usa para desafiar aos opoñentes no campo de deportes. Probablemente teñades visto aos All Blacks de Nova Zelanda facendo o haka antes dun partido de rugby e ... é aterrador, non si?












6 A - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 B - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

6 C - HAKA from Rosa Fernández Sánchez on Vimeo.

Ningún comentario: